viernes, 25 de agosto de 2017

EL EMPOTRADOR MAYOR DEL REINO


     En mi bendita ingenuidad siempre pensé que un empotrador era un montador de armarios empotrados, pero no. Tuvo que ser un espetero malagueño, empotrador él de más de tres mil mujeres según me contó, el que me hizo caer del guindo.

     Aunque con reservas, vi a aquel hombre con cierta admiración por ser el poseedor de un record que creí imbatible, pero cual fue mi sorpresa cuando leí estos días atrás, que el mayor empotrador del reino de España era el propio rey emérito con cerca de cuatro mil empotramientos, todos ellos con distintos congéneres o congéneras, vaya vd a saber. 

       Con una misma mujer, o sea la parienta, el record no es para nada grandilocuente, pero la cosa cambia cuando le pasas el "cepillo" a tal variedad societaria. Poco amor y mucho vicio es necesario para mantener el pabellón de empotrador bien alto. Con el paso de los años pierdes potencia pero ganas destreza o eso al menos es lo que nos dicta la experiencia.

jueves, 10 de agosto de 2017

Relatos dun pescador afortunado: ENTRE MINGAS E FELPUDOS

ENTRE “MINGAS” E FELPUDOS
01-05-95


     Aquel día facía un tempo espléndido cunha temperatura estival, todo invitaba a saír e estar en contacto coa natureza. Así que esa tarde  reserveina para a miña afección favorita.

     Decidín ir a Saiáns, pero non á praia, senón a unha enseada rochosa que está situada a continuación antes do Portiño. Cando conseguín aparcar na baixada á praia, esta estaba moi concorrida e chea de bañistas, non me importou pois xa contaba con iso, tiña moi claro a zona que quería visitar. O día anteri, cerca do anoitecer, estivera alí un anaco, probei e sinalei unha peza que pasaba dos dous quilos, xa cunha altura da marea nada proclive para a pesca, pero o que máis me animou a repetir e volver ao día seguinte foi o que descubrín nunha poza que o mar alcanzaba e enchía de auga coas mareas vivas, algo que sucedera uns días antes: estaban a esperar á seguinte marea viva que os liberase, uns inquilinos que espertaron o meu interese. Algo máis dunha ducia de pequenos muxes (lisos), nadaban en grupo dun lado a outro da poza, pregunteime o motivo que levara a aqueles animais a illarse así, ese comportamento só se explicaba se eran atacados para ser engulidos por depredadores, como robalizas de bo tamaño.

     Para non desentoar puxen un bañador, unha camiseta e uns tenis vellos, botei a bolsa de pesca ao ombro e coa cana na man encamiñeime cara á postura. Tiña que camiñar uns quince minutos, saltando varias rochas ata chegar a ela, a camiñada resultou máis amena do que esperaba, o sol quentaba os corpos nus dun grupo de novos de ambos os dous sexos, estaban nunha pequena cala despois de pasar as primeiras rochas, continuei desprazándome por unha zona de pedras moi cerca da rompente. A afección a tomar o sol completamente nus, ao parecer estaba mais estendida que a da pesca, practicamente en cada rocha grande e lisa de aquela zona había unha parella "quentándose" ao sol, bo eu ía ao meu e non había outro acceso, cando cheguei ao meu destino concentreime no que alí me levara, que non era outra cousa que o exercicio da miña grande afección.

     O mar achegábase revolvendo o fondo, removía os cantos redondos que chocaban uns contra outros, o ruído era forte pero relaxante, seguramente porque era compasado, nada estridente. O "rapala", aparte do seu limitado alcance, non me ofrecía confianza, pois o mar chegaba moi revolvido, facendo moi difícil o seu control, finalmente decidinme pola “cucharita” Evy que se defendía ben naquelas condicións. Dende o alto dunha rocha que avanzaba uns metros cara ao interior da enseada, comecei a "varear en abano", cubrindo toda a zona de dereita a esquerda, e creo recordar que ao terceiro lance cando viña recollendo a medio camiño unha potente picada conseguiu poñerme en tensión. A sedela saía suavemente da bobina, amortecendo o primeiro escarceo do animal, cansalo e traballalo naquela zona era doado, non había obstáculos e o mar axudábame empurrándoo cara a terra, guieino pola miña dereita, onde morría o mar nunha pequena praia de area grosa. Unha parella tomaba alí o sol nas condicións antes relatadas, achegáronse sen pudor de ningunha clase, preguntando que clase de peixe era. Entre a "minga e o felpudo", vinme manobrando coa robaliza. ¡ Era de película! A situación era rocambolesca, kafkiana. Puxen a robaliza na poza e polo visto era un espectáculo, pero o que era espectacular era a escena que se desenvolvían ás miñas costas, era de coña os dous en pelota picada, xogando con robaliza de tres quilos que nadaba en poza. Pasando do tema continuei co meu, seguín "vareando" e despois dunha media hora intentándoo e non sentir nada, cambiei de reclamo, recordo que "montei un chibo" que me permitía lanzar máis lonxe que a “cucharita, conseguindo superar unha especie de barreira pedregosa, por onde remontaba o mar, rompendo a continuación nun fondón, onde este fervía, nunha destas, cando o reclamo chegou deslizándose por enriba da barreira, parei un instante co propósito de afundilo un pouco e arrancar de novo, e foi cando sentín outra vez unha bestial picada. O carrete volveu cantar, o animal tiraba coma un condenado, loitaba dunha forma endemoniada, resistíndose ferozmente, estiven un anaco aguantando os seus arreos, a fronte ata a miña posición practicamente estaba libre, algunha pedra asomaba coa resaca das ondas, así que sen maior novidade fun achegando ao animal, varándoo esta vez pola esquerda da rocha, recordo que ao agacharme para collelo, o mar me mollou ata a cabeza, era o de menos, tiña dúas enormes pezas de tres e case catro quilos de peso cada unha, era para estar contento.

     Seguín intentándoo un anaco máis pero ao non conseguir ningún resultado, o esgotamento xa facía mella en min, optando por retirarme a pesar de quedar polo menos unha hora máis de pesca, atopábame saturado, pois o "vareo" con reclamos pesados como os "chibos" resulta esgotador. Ah ¡ polas "mingas e felpudos" non me desconcentrei, pois eu mesmo durante anos practiquei nudismo na praia de Barra!

NI BUENO NI MALO..., ¡REGULAR!.

    Tal dia como hoy ya hace cuatro años aprendí a andar en bici, cambié de compañera, aparqué la caña de pescar después de treinta años de una desaforada actividad y sin saber muy bien porqué la abandoné y comencé a andar en bicicleta. Me dicen que no es normal, que lo mío es un mundo al revés, que el deporte por antonomasia para viejos jubilados es la pesca y que aprender a andar en bici a mi edad es una práctica irregular. Como soy un paco contrarias y nunca bueno ni malo sinó soldado regular (hice la mili en Regulares de Tetuan nº 1), mi destino sin ser un desatino siempre fue a la buena de Dios, como dice el otro Dios proveerá aunque no crea demasiado en El.

     Proveyó que fuera pescador cuando había pesca hasta que esta casi se acabó y para que no me aburriera me encaminó al pedaleo en mi jubileo. Salud, fuerza y vigor la bicicleta me dió y con una segunda juventud, por mi esfuerzo, me premió.