domingo, 17 de mayo de 2015

Relatos dun pescador afortunado: A CANIÑA E O CANÓN

                                                 
                                                    A CANIÑA  E O CANÓN

                                                                1-11-1988

     Aquel festivo, día de Todos os Santos, cheguei a Bouzas ao amañecer coa intención de pasar unha agradable mañá de pesca. O día anterior capturara, aproveitando a baixamar, un puñado de camaróns que mantiven vivos nun viveiro feito cun vello bote de plástico. Aquel día, ao contrario doutros moitos, non logrei dar coas robalizas e ás dez da mañá estaba completamente desanimado, xa que non sentira nin unha triste picada. Levaba un tempo pensando en dar o salto e empezar a visitar a costa para vivir unha experiencia nova. A pesca no peirao, aínda que era moi produtiva, empezaba a facérseme moi monótona e algo aburrida. Falando con outros pescadores máis expertos, comentábanme que na costa rochosa de mar aberto tamén se podían pescar robalizas, coa vantaxe de que, en calquera momento, poderías ter a sorpresa dunha gran captura, xa que nos peiraos raramente os animais que pescaba pasaban do tamaño dun quilo. O problema que se me formulaba era a técnica a empregar, que difería de xeito radical á empregada nos peiraos e co engadido do perigoso que resultaba para un novato coma min. A falta de experiencia para moverme nun ambiente, que por veces se volvía moi hostil, había que ter uns coñecementos mínimos do comportamento da ondada, mareas, posturas de pesca, etc. De cando en vez chegábanme comentarios de accidentes e sustos que sufrían algúns pescadores pouco avezados, e mesmo de veteranos que, por exceso de confianza, chegaban nalgúns casos a perder a vida ao ser arrastrados polo mar.

     Todo isto facía que eu me fose retraendo e me custase dar o paso de ir pescar á costa, pero a paixón pola pesca arraigara en min de tal xeito, que acabei por ir, ao principio con algúns pescadores veteranos que pescaban a fondo con cebo natural. Estes empregaban canas, nalgúns casos de cinco ou máis metros, armados con grandes e potentes carretes, que enchían con sedelas dun grosor do 50, usando chumbadas de ata 250 gramos para buscar un lance longo e profundo. Esta experiencia non me enganchou. Iso de estar á espera, ás veces horas e horas sen facer outra cousa, que mirar para a cana ou recoller todo o equipo e trasladalo a outra postura co machuque e cansazo que iso supoñía, non se fixera para min. Por aqueles anos empezábase a practicar, xa dunha forma evidente, o "vareo", unha técnica que imitaba os lances de artificiais no rio: “cucharillas” e pequenos peixes de madeira de balsa, que tan bo resultado daban para capturar troitas e salmónidos. Esta forma de pesca si me chamou a atención, espertando en min a curiosidade, pero o curioso foi que a primeira vez que visitei só e por propia iniciativa a rochosa costa de Cabo Estai, utilicei a boia con cebo vivo como técnica de pesca, algo que non vira facer a ninguén antes, pero que seguro que alguén xa o faría.

     Recordo cunha claridade meridiana ese día de novembro. Eran as dez da mañá cando arranquei para Cabo Estai, coa idea de experimentar coa boia. En menos de media hora xa estaba alí, pero aquilo era unha festa, non había pedra sen ocupar; ao ser festivo, todo estaba cheo de canas, todas a fondo. Reculé e retrocedendo sobre os meus pasos, aparquei preto do restaurante Sobreira, baixei por un camiño de terra que ía directo ao mar, quedando á miña dereita unha pequena praia pedregosa. Pero optei por enfilar por un longo e estreito camiño, que circundaba os peches dos terreos que daban ao mar, e baixei por unha pequena costa moi empinada que me conduciu directamente sobre a rochosa costa.

     O mar ruxía e as ondas golpeaban continuamente sobre as rochas. Ao chegar observei á miña dereita, nun saliente de pedra que daba á canle de entrada dunha pequena cala, a un veterano pescador de fondo co seu "canón" de cinco metros. Saudeille e o home explicoume que uns días antes pescara alí mesmo, cunha lura como cebo, un robalo de case cinco quilos, e que estaba a intentar repetir a experiencia. Observoume con curiosidade, pois ao verme a cana de 3.30 que traía na man, díxome que se viña a pescar con ela en aquel lugar e con aquel mar forte non ía conseguir nada. Sorrinme e confeseille que viña coa intención de experimentar cunha boia e que era a primeira vez que o facía naquelas condicións. Vaticinoume un fracaso absoluto. Eu non me desanimei polo comentario, viña a aprender e se o intento non funcionaba non pasaba nada. ¡ Quedaban mais días que morcillas para intentalo!, así que me encamiñei cara á miña esquerda á aventura, pois para min todo era novidade.

      A marea estaba a subir e case era preamar; buscaba algún oco entre pedras onde remansara a auga, para poder experimentar coa boia. Despraceime uns sesenta metros, ata ver unha zona rodeada de pedras, que conformaban unha especie de poza grande, onde o mar entraba por unha ancha canle orientada ao oeste. En fronte de min, unha rocha grande rompía o mar, facendo que este a superase, precipitándose e estendéndose a auga moi osixenada por todo o ámbito. A barreira que formaba a pedra da fronte, amansaba a auga facilitando a acción da boia, manténdose esta no centro da poza, aínda que retrocedía cando o mar rebotaba contra as pedras da beira, e arrimábase cando a onda se precipitaba amainando na poza. Non me custaba demasiado traballo manter a boia nesa zona, movéndose nun vaivén continuo; só tiña que estar atento, a soltar ou recoller sedela cando a ocasión o requiría. Non demasiado calara, uns dous metros, pero suficiente para afondar o pequeno chumbo de bóla, que obrigaba a afundirse ao camarón que utilicei como cebo.

      Xa no primeiro lance, ao pouco tempo de estabilizar a boia, esta comezou a afundirse con rapidez. Ao tirar e facerlle fronte, sentín como tiraba un peixe vigorosamente. Ao recoller e arrimalo aos meus pés, vi como unha preciosa robaliza de algo mais de quilo pendía do anzol. Gratamente sorprendido polo que acababa de suceder, despois de gardala na cesta, volvín prender pola cola outro camarón e lancei ao mesmo sitio que a vez anterior, non moi lonxe a uns tres metros de onde estaba situado, e non tiven que esperar demasiado para ver de novo como a boia desaparecía afundíndose con rapidez. De novo unha robaliza de tamaño similar á anterior asomou ao recoller; e así unha e outra vez sen fallar lance, totalicei sete fermosas pezas, que entre todas sumaron un peso duns sete quilos. Ao oitavo intento xa non sentín nada e aínda que insistín polos arredores, xa non tiven ningunha picada máis. Estaba ata certo punto sorprendido, pois nin nos meus mellores soños esperaba empezar o meu primeiro contacto con ese tipo de pesca de forma tan afortunada. A partir de aí, durante un tempo, continuei pescando con boia, pero xa nunca repetín cousa igual, como moito cando conseguía algo, como máximo eran dous ou tres, e nunca pescado grande.

       Recollín as miñas sete robalizas e emprendín o camiño de volta. O veterano pescador do canón de cinco metros, continuaba no lugar onde o atopara ao chegar. Saudeino de novo explicándolle que os seus augurios fallaran estrepitosamente. O home non daba crédito ao que vía, aínda que, ao final, tivo que recoñecer que, con aquel mar e con aquela "caniña" -como el con sorna definiuna-, empregando a técnica axeitada, podíase gozar dunha boa e afortunada xornada de pesca.







viernes, 15 de mayo de 2015

MORRO PHOTOSHOP


     Termina la campaña electoral y terminan con ella los contratos precarios de más de cien  mil ciudadanos. Los políticos prosistema se disponen a inaugurar miles y miles de obras hechas de prisa y corriendo a unos precios muy competitivos gracias a la sangría salarial. Muchas de ellas con comisiones y mordidas que conllevan ajustes de presupuestos que al final se restan de salarios y calidad. Tangan a los trabajadores y malgastan nuestro dinero que pagamos con impuestos injustos por el destino que le dan y todo supuestamente para ganar el voto de cuatro "papaostias" que no se enteran de la misa la mitad.

     Esto que aparte de corrupción es una burla, y acontece en el momento presente por obra y gracia de políticos muy sonrientes con el morro photoshop.