viernes, 19 de febrero de 2016

Relatos dun pescador afortunado: O XENERAL E A TROPA

                                                            O XENERAL E A TROPA
                                                                       21-08-1994

      
       Aínda que estaba de vacacións, aquel día madruguei, porque sabía que, se quería ser protagonista dun episodio memorable de pesca, tiña que ser así. Cando me levantei aínda era noite pechada, debía darme présa, pois tiña que estar enriba da pedra xusto ao empezar a romper o día, pedra á que me empolicara en distintas ocasións con desigual sorte. Pero eu esa mañá estaba convencido de que era a miña grande oportunidade.

      Cando baixaba polo acantilado a penas vía como os meus pés enfilaban con lentitude e serenidade polo sinuoso sendeiro que discorría entre toxos que rabuñaban as miñas pernas: non tiña sensación de perigo, estaba familiarizado con cada pedra, curva e chanzos que o conformaban, así que lento pero seguro accedín á gran rocha, que a pesar da súa altura, cando o mar se embravecía con virulencia arrasábaa ata mollar os últimos toxos do camiño. Pero aínda que aquel día o mar roncaba e estrelábase estrondosamente contra a rocha, facíao dunha forma moderadamente compasada, soaba forte pero cunha harmonía relaxante, a marea estaba baixando e pouco a pouco as ondas ían rompendo cada vez máis lonxe. A gran rocha, a medida que perdía altura, introducíase no mar; a punta, cando a marea estaba chea, quedaba illada, pero cando eu cheguei xa era accesible. Empoliqueime a ela, o mar golpeaba na súa base abríndose e estrelándose a ambos os dous lados lavando a miña retagarda. Arriba atopábame cómodo e seguro, a pesar de que de cando en vez o mar me salpicaba. Despreguei a miña cana e montei un "rapala", vareando ao meu arredor, e nos meus dous primeiros lances conseguín dúas preciosas robalizas. Mentres, aclarou o día; a mañá prometía, pero a pesar da miña insistencia durante case unha hora non sentín picada algunha. Empezaba a desanimarme. Entón, ao ver que a marea baixara de tal forma que à miña esquerda o mar xa non golpeaba contra as rochas, se non que rompía antes sobre o fondo areento, rebentándoo e formando unha especie de gran remuíño, cambiei de situación e decidín cambiar o "rapala" por unha “cucharita” de 28 gramos que me permitía alcanzar a zona do remuíño. Lancei sen demasiado entusiasmo; nada conseguín ata que decidín arriscar deixando baixar a “cucharita”  ao fondo, o leito era areento, así que a trouxen arrastrándoa uns metros ata empezar a acelerar para poder librar unhas pequenas rochas que había por diante e, xusto aí, sentín unha picada potente e unha loita dun animal de certa enxulla. Efectivamente, cando conseguín vencer o animal e sacalo a terra, este andaba por preto dos dous quilos de peso.

     Animado polo trofeo que acababa de conquistar, repetín o lance con parecido resultado, e así unha e outra vez, ata catorce veces, robalizas todas elas de entre un quilo e medio e os dous.

      Pero o mellor estaba por chegar. Eran xa preto das dez da mañá, levaba case dúas horas de éxtase continua, as miñas costas comezaban a resentirse e, de súpeto, sentín unha picada descomunal, tan forte era a tracción do peixe, que pola miña falta de pericia e pouca experiencia -aínda non controlaba demasiado ben a forma de regular a forza da tracción do carrete- tiña demasiado apertado o regulador e ademais o freo posto, así que estivemos o peixe e eu tensando a sedela un anaco bastante longo, que a min se me fixo eterno, ata que por fin o animal empezou a ceder e isto me permitiu ir achegándoo, non sen traballo, ao pé da rocha onde eu me atopaba, ao ser esta lisa e en forma de rampla permitiume varalo e sacalo sen maior dificultade a pesar de dobrar en peso ás anteriores. Rapidamente volvín lanzar esperando unha nova picada, pero despois de varios intentos comprendín que "a batalla" estaba acabada, era coma se capturase o xeneral que as dirixía, retirándose estas do campo de batalla.

      O sol empezaba a picar, había que darse présa, recoller e marchar, pero xurdiu un problema por falta de previsión, levaba comigo un par de bolsas de plástico e, ¡ Horror!, cando empecei a subir o acantilado rompeu o fondo das bolsas, rodando as robalizas polo chan. Recollín o peixe e laveino nunha poza; tiña un problema e non o sabía como resolver, intenteino trenzando a sedela de pesca, pero non resistiu. Empezaba a desesperar, víame subindo e baixando o acantilado varias veces ata o coche e non me sentía con forzas. Levaba comigo a cazadora dun chándal e, desesperado, ía intentar a confección dun saco cando vexo que a miña salvación a tiña na man:  o cordón do colo do chándal! Por fin dera coa solución. Así que fixen un rosario co peixe e, cargándoo ao ombro, me dispuxen a subir polo sendeiro do acantilado. O peixe colgaba das miñas costas e cubría o meu peito ata os xeonllos. Ao pouco empecei a bufar, pois a costa era nalgúns tramos moi empinada, obrigándome a parar de cando en vez para coller resollo. O sol dábame implacable na cara, estaba rebentado pero animábame pensar que arriba, ao final do acantilado, estaba o final do meu sufrimento. Cando cheguei ao coche, un Passat do 88, o meu alivio foi total, introducín o peixe no maleteiro e nese momento fun consciente de que varias persoas me observaban con interese. Arranquei o coche e dirixinme ao cámping de Nerga onde estaba a acampar.

       Eran case as doce do día 21 de agosto de 1994, domingo para ser máis exactos. Cando cheguei procedente de Donón, recordo que fun buscar dous caldeiros de auga salgada para lavar o peixe, repartino polas distintas neveiras do cámping para non o botar a perder e parte do peixe regaleino a aqueles que mo conservaron ata o día seguinte que o levei ao Berbés. O que máis lamento é que non posúo ningunha foto desta, para min, "fazaña, pois aínda tardei en ser plenamente consciente da dificultade e mérito deste feito, ao que non lle din maior importancia ata que coa perspectiva do tempo o empecei a valorar na súa xusta medida.


viernes, 12 de febrero de 2016

DE DOS MIL, EN LA CÁRCEL TRECE.

   
     Me hace gracia como el poder mediático de este país se emplea a fondo, remarcando como gravísima irresponsabilidad el comportamiento de ciertos líderes políticos por no doblegarse ante las medidas económicas impuestas por la troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional), aunque estas sean injustas y contradictorias. Demonizan al partido emergente por antonomasia y lo acusan de tratar de llevar a España al caos: son iraníes, bolibarianos, radicales, extremistas, quieren romper España, llevan coleta, rastas y hasta bebés al Congreso de los Diputados, todas ellas cosas de una especial gravedad.

       En cambio se asume con una naturalidad vergonzosa: la explotación de los trabajadores con salarios miserables; el cobijo y la defensa de los fuertes abandonando a los débiles a su suerte, sembrando entre agraciados y desgraciados a su vez odio y discordia; fragmentan, dividen y enfrentan a las diferentes clases sociales eliminando el principio de solidaridad que distingue a las sociedades democráticas y civilizadas; la expoliación del dinero público, con una legislación hecha a su medida, es una práctica que se repite una y otra vez, y escándalo tras escándalo, demasiados políticos, por no decir casi todos (unos por acción y otros por omisión) expolian el dinero público y todo con la aquiescencia de la justicia en el 99% de la delincuencia. Ya que hasta ahora de cada cien imputados solo uno ingresa en prisión.

         De dos mil políticos imputados (la punta del iceberg) pisaron la cárcel trece, y después aún tienen la cara de decir que que no es lo que parece, que sus políticas oportunistas no son populistas, que los populistas son los podemistas, cuando demagogia y populismo es la misma cosa. Mientras en los partidos podridos encubren hasta que otros los descubren, a demagogos, mentirosos, manipuladores, estafadores y delincuentes, por desgracia omnipresentes y en la carcel trece.


lunes, 1 de febrero de 2016

LA PESTE, LAS RATAS Y CUESTIÓN DE AMENAZAS.



     Dicen, Aznar, Felipe y muchos más de su cuerda, que Podemos es una amenaza para el futuro de España. En la actualidad nos amenaza: la pobreza y la desigualdad como consecuencia de una peste proviniente del pasado. Las ratas que ellos alimentaron transportaron una bacteria llamada corrupción que ha infectado todos y cada uno de los entes y organismos públicos que conforman la Administración General del Estado.

    Estas ratas han conseguido extender una plaga que ya es generalizada, como lo demuestra la interminable lista de corruptos conocidos y por conocer, que sigue y seguirá creciendo dia a dia hasta el infinito. Una corrosión de miles y miles de millones de euros robados y expoliados por la clase política han empobrecido a las clases medias y trabajadoras, en cambio la clase social alta y sus adláteres se enriquecen dia a dia y esto si que amenaza la estabilidad de España.

     Es como la punta de un iceberg que se asoma y crece, cada vez vemos más y más corrupción y cuando pensamos que ya no queda más que ver, se descubre que bajo la apariencia está sumergido un absceso purulento que todo lo infecta. Esta peste traida por las ratas del pasado, es la que amenaza el presente y futuro de España.